Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 16/12/2015 18:06

Antón Comesaña concentrarase coa Selección Galega Infantil

Antón Comesaña se concentrará con la Selección Gallega Infantil

A Federación Galega de Baloncesto volveu a pór os seus ollos no noso xogador Antón Comesaña Seoane, do equipo Infantil Masculino de primeira división. Tras concentrarse en Tui a principios de novembro coa Preselección, acaba de ser convocado pola Selección Galega ás dúas concentracións que terán lugar en decembro, os días 22 e 23 en Vilagarcía de Arousa, e os días 27 e 28 en Noia.

En ambos os casos estará ás ordes do adestrador da Selección para esta categoría, Ricardo Aldrey, e compartirá esta oportunidade de crecemento deportivo xunto con outro once xogadores de Lugo, Santiago de Compostela, Arousa, Ourense e Vigo.

O noso parabén a Antón, ao seu adestrador Héctor Méndez e a todo o noso equipo Infantil Masculino, porque o seu traballo colectivo contribúe sen dúbida a esta boa noticia.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city