Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Primer equipo | 26/09/2019 18:06

ANÍMATE A PARTICIPAR NA 5K LEYMA CORUÑA

ANÍMATE A PARTICIPAR EN LA  5K LEYMA CORUÑA

Básquet Coruña colabora, por terceiro ano consecutivo, na carreira 5K Leyma Coruña: carreira popular e actividade solidaria (a favor da AECC). Esta carreira está organizada por Championchipnorte, e conta co patrocinio de Leyma, e a colaboración do Concello da Coruña, e Gadis.

Por motivo desta colaboración, o Leyma Coruña regalará unha entrada con acompañante aos 1000 primeiros en recoller o seu dorsal, para o partido deste domingo fronte a Lleida en #OFornodeRiazor.

A organización do evento promove a carreira como unha actividade popular e saudable, que ademais sensibiliza contra a enfermidade do cancro no mes dedicado ao cancro de mama. Tamén se pon de relevo a importancia de doar a favor da investigación para combater e eliminar a mortalidade provocada pola devandita enfermidade.

Trátase dun evento familiar ao que pode asistir calquera, xa que hai distintas modalidades de participación axustadas á idade e condición física de cada atleta. Débese participar coa camiseta técnica do evento que facilitará a organización a todos os inscritos en todas as competicións.

O evento englóbase na campaña de Leyma contra o Cancro. A marca de produtos lácteos corre cos gastos do evento e doa 2? por inscrito/a de as súas arcas para a Asociación Española Contra o Cancro.

A carreira terá lugar o próximo 12 de outubro, con saída ás 11 da mañá desde o Monumento Breogán, na Torre de Hércules, e chegada á chaira do Palacio de deportes de Riazor, tanto para a modalidade absoluta como para a andaina. O prezo da inscrición é de 6 euros (absoluta) e 4 euros (andaina).

Así mesmo, existe unha modalidade de Fila 0, que consiste nun donativo (a elección de cada persoa), que irá destinado integramente á AECC. Ademais, cada inscrito na carreira, pode achegar, a maiores, unha doazón.

As inscricións xa están abertas ata o vindeiro mércores día 9 na web de CCNorte, onde ademais pódese consultar o itinerario (Paseo marítimo), as categorías, os horarios de cada unha delas, o regulamento?

En canto aos dorsais, poderán recollerse o venres día 11, de 16:00 a 20:00 no estadio de Riazor. Ademais, o propio día da carreira, o sábado 12, estarán dispoñible a recollida desde as 8:30 ata 45 minutos antes do inicio da carreira, no mesmo lugar.

Inscríbeche aquí: https://c5k.é/






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor