Anxo González Casado e Uxía Cascales López na convocatoria de preseleccións mini en Marín

Os xogadores do Básquet Coruña Anxo González Casado e Uxía Cascales López foron convocados ás preseleccións galegas mini os próximos 9 e 10 de febreiro en Marín.

Os adestramentos terán lugar no pavillón da Residencia San Narciso de 10 a 12 horas e de 16 a 18 horas os dous días no caso da preselección galega masculina, e de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas o sábado e de 16.30 a 18.30 horas o domingo.

Desde o Básquet Coruña felicitamos a ambos os xogadores por esta nova chamada e desexamos que gocen da experiencia formativa e deportiva.