Primer equipo | 23/11/2020 10:31
ACODI será homenaxeada no ?17 partidos, 17 causas? da nosa obra social "A Caixa"

O Club Básquet Coruña S.A.D. dedicará o seu programa "17 partidos 17 causas" da Obra Social A Caixa a ACODI, no partido do próximo martes día 1 fronte a CB Breogán, e coincidindo con que o pasado 14 de novembro foi o Día Mundial da Diabetes.
A asociación, sen ánimo de lucro, fundouse no ano 2006 coa idea de dar apoio, soporte, información e difusión a todas aquelas persoas con diabetes e a sensibilizar ao resto da poboación dunha patoloxía que en ocasións existe e que os afectados ignoran que a padecen.
Para eles, o momento de maior transcendencia, pola súa visibilidade, é a segunda semana de novembro, coincidindo co Día Mundial da Diabetes, o 14 de novembro. O pasado ano a lema elixido foi ?Diabetes. Protexe a túa familia?, seguindo co seu obxectivo de concienciar sobre a forza que ten esta rede de apoio para os pacientes. Ademais, destacan o papel dos familiares no manexo, o coidado, a prevención e a educación sobre todos os aspectos vinculados coa diabetes.
Con todo, durante todo o ano realizan actividades de información diabetológica, material divulgativo, campamento de verán para niñ@s e novos, asesoramento xurídico, apoio a debutantes? así como participamos con outras asociacións en diferentes campañas de reivindicación de dereitos para este colectivo.
Desde o Básquet Coruña queremos homenaxear no partido a esta entidade que traballa por mellorar a vida das persoas que sofren diabetes, informar acerca da importancia da detección da mesma, apoiar a todos os pacientes, especialmente aqueles con diabetes I que afecta fundamentalmente a nenos e novos e que condiciona de forma moi importante a súa vida social, escolar e familiar.
Primer equipo | 21/11/2020 10:31