Actividades | 25/11/2017 13:25
Aberta a inscrición do Campus de Nadal do Básquet Coruña

O Club Básquet Coruña organiza, como vén sendo tradicional nestas datas, un Campus de Nadal para a promoción do baloncesto nun contexto lúdico.
Desde hoxe todos os interesados poderán inscribirse, tanto de forma presencial nas oficinas do club como a través da nosa páxina web nesta actividade, dirixida a nenos e nenas nacidos entre 2013 e 2002 e que se dividirá en dúas quendas (o primeiro do 26 ao 29 de decembro e o segundo do 2 ao 5 de xaneiro). A 2º quenda xorde como novidade, ante as peticións recibidas nas edicións anteriores.
O horario será de mañá de 9.30 a 14.00 horas e desenvolverase na Polideportiva do Agra 2 e no Polideportivo da Normal (Antigo Maxisterio). Cada xornada terá dous partes, unha primeira de adestramento técnico, tras a cal haberá un descanso para merendar. Para finalizar a xornada haberá outro adestramento de baloncesto cun enfoque máis lúdico, onde levarán a cabo competicións e concursos. Ademais durante a semana os nosos participantes recibirán a visita dos xogadores de noso equipo LEB Ouro.
Haberá diferentes modalidades de inscrición:
Primeira quenda (26 ao 29 de decembro): 75 euros.
Segunda quenda (2 ao 5 de xaneiro): 75 euros
Completa, que incluirá as dúas quendas: 150 euros
Así mesmo, aplicarase un desconto do 20% a xogadores/as do club, das escolas de colexios vinculados, e fillos/as de socios e abonados e da comunidade UDC. Tamén haberá un desconto para aquelas familias que inscriban a máis dun integrante, Todos os participantes, ademais, recibirán unha camiseta conmemorativa de recordo.
O prazo para inscribirse finaliza o 29 de decembro. Esperámosvos estas vacacións de Nadal para gozar do baloncesto!