Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Actividades | 11/05/2020 10:18

ABERTAS As RESERVAS PARA A XXV EDICIÓN DO CAMPUS MILENIUM

ABIERTAS LAS RESERVAS PARA LA XXV EDICIÓN  DEL CAMPUS MILENIUM

Un verán máis, o noso Campus Milenium arrinca co seu XXV edición. Goza da oportunidade de seguir gozando do baloncesto no verán nun contexto lúdico e formativo.

As inscricións poderán realizarse de forma online, ou unha vez sexa posible, nas oficinas do club (cale Arquitecto Rei Pedreira, 3. Baixo). A reserva de praza estará dispoñible, sen ningún tipo de compromiso, ata o 8 de xuño, cun desconto do 10% na cota.

O Campus Milenium é un campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer no que se realizan ao longo do día innumerables actividades multideportivas. É xa unha referencia neste tipo de eventos, que bate marcas de asistencia ano a ano e que conta ademais con multitude de actividades, aínda que por suposto co baloncesto sendo protagonista.

Desenvólvese durante dúas semanas: do 29 de xuño ao 3 de xullo a primeira, e do 6 ao 10 de xullo a segunda, e quen quede con ganas de máis, pódese ampliar unha semana adicional, desde o 13 ata o 17 de xullo. O obxectivo é favorecer a práctica do baloncesto entre os mozos da cidade, desde un concepto lúdico.

Ademais, outra meta pasa por promocionar a imaxe do Básquet Coruña como referente da sociedade coruñesa.

As actividades comezarán ás 09.00 horas e finalizarán ás 18.00 horas e estruturaranse en catro bloques: dous deles serán de baloncesto, pola mañá con contidos de aprendizaxe e pola tarde con contidos máis lúdicos. Os outros dous bloques son recreativos, con actividades ao aire libre. Como cada ano exporanse sorpresas e algunha actividade nova.

O prezo xeral para as dúas semanas será de 280 euros, 240 para familias de xogadores do club e de 405 euros se se quere ampliar á terceira quenda, do 13 ao 17 de xullo, e 360 euros no caso das familias con xogadores laranxas.
Por suposto e en todo momento estamos a expensas das directrices e normativas que para ese efecto se indique desde o Ministerio de Sanidade en canto aos protocolos e medidas que se establezan para este tipo de actividades.

Non o penses máis e anímache a pasar un verán moi laranxa!


https://www.basquetcoruna.com/es/actividades/campus






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city