Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 23/07/2020 10:25

Abertas as renovacións das categorías basee

Abiertas las renovaciones de las categorías base

Coa intención de que a nosa canteira asegure unha tempada máis ao noso lado, abrimos o prazo de renovación prioritario para os/as nenos/as que a tempada pasada xogaban nos nosos equipos. Este prazo está aberto ata o próximo 30 de xullo.

Á hora de facer a renovación, terá que indicarse se é para escola/babybasquet (sen competición) ou doutra banda, se é para equipo (competición os fins de semana). O custo da renovación será igual que en tempadas anteriores de 50?.

En canto ao comezo de adestramentos, a previsión é que a partir do 03 de Agosto comecen os adestramentos dos equipos de competición , mantendo por suposto as medidas de seguridade sanitarias correspondentes. Doutra banda, o comezo de adestramentos da nosa escola/babybasket comezará máis adiante, á vez do curso escolar (informarase de datas exactas). Así mesmo, antes do inicio de adestramentos faremos chegar o protocolo de medidas sanitarias para a realización dos adestramentos dos nosos xogadores/as.

A renovación pode realizarse a través do formulario da seguinte ligazón: https://www.basquetcoruna.com/eqbase/renovacion#infoRenovacion-24

Para calquera consulta, estamos dispoñibles a través de correo electrónico (categoriasbase@basquetcoruna.com) ou en horario de mañá ao teléfono 981 26 40 22.

Desde o Club queremos tranquilizarvos e asegurarvos que vos manteremos informados en todo momento pola situación na que nos atopamos a consecuencia da pandemia COVID-19, posto que estamos suxeitos a calquera modificación que nos vexamos obrigados a levar a cabo para poder manter as medidas sanitarias oportunas.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar