A unión fai a forza

Din que a unión fai a forza, e é evidente que neste equipo sucede así. O traballo colectivo de todo o equipo na defensa volveu a ser clave para conseguir unha nova vitoria, a décima da tempada, nun partido importante.

Comezaba o encontro con igualdade por parte de ambos os equipos. Buscaba impor o seu xogo o conxunto local, pero o Leyma Coruña non se deixou exceder e plantou cara finalizando o cuarto 19-19, con táboas no marcador.

Pero ao comezo do segundo cuarto, os xogadores de Sergio García puxéronse a defender ao 100%, dando unha clase maxistral aos seus rivais. A concentración foi determinante, e así conseguiron marchar ao vestiario cunha vantaxe de 6 puntos sobre Destino Palencia, 32-38.

Á volta do descanso nada cambiou. Os locais tentaban pelexar, pero o Leyma tiña claro que se traerían a vitoria para casa. A gran unión de todo o equipo, xunto co carácter e o dominio do rebote, volveron deixar ao rival a 7 puntos de diferenza ao final do terceiro cuarto, 51-58.

E no último cuarto, a personalidade do conxunto laranxa saíu a relucir con máis evidencia. Terminou asinando un gran partido nunha cancha difícil, contra un rival directo e arrastrando a vitoria á segunda fase. O resultado final foi de 66-76. +10 no partido e +10 na marcadora de vitorias da tempada.

O seguinte encontro será o vindeiro domingo 28 ante Cáceres, en #OFornodeRiazor, ás 12:30 da mañá, debido ao horario unificado establecido pola FEB.