Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 03/11/2019 22:50

A tres da quinta

A tres de la quinta

Complicado. Así foi este encontro do Leyma Coruña fronte a Oviedo. E non só polo partido en si e as trabas provocadas polo equipo ovetense. Se non pola aparición de dificultades externas que, sen ningunha dúbida. marcaron o rumbo do encontro.

Un encontro, que arrincaba con escasa anotación por parte de ambos os equipos, e destacando o labor en defensa e a intensidade atrás dos xogadores laranxas. Aínda así, o primeiro cuarto finalizaba cun axustado 13-18, que de novo volvía á carga nada máis iniciar o segundo cuarto cunha canastra obra de Perris Blackwell. O partido estaba apertado a moreas, sucedéndose canastras e tiros libres, e axustando o marcador ata o punto de chegar ao intermedio cun 37-37.

Pero á volta do descanso, o partido torceuse tras a descualificación de Filip Djuran, despois de pitarlle unha falta persoal e por conseguinte, unha técnica, que o enviaban directo ao vestiario, a pesar das protestas da afección local. A pesar diso, o equipo laranxa seguiu remando ante o Oviedo, chegando ao último cuarto só 3 puntos por baixo dos asturianos.

E casualmente, eses 3 puntos foron os que lle faltaron ao cadro coruñés para obter a vitoria ao final do encontro. Parecía que, a pesar de que o Oviedo se escapase no marcador (62-74), a furia dos locais acabaría por vencer, pero, aínda que rozamos a vitoria cos dedos, o marcador finalizou en 78-81.

Toca reporse da derrota, tras un refacho de catro vitorias consecutivas, e comezar a preparar o encontro deste venres na capital, fronte a Canoe.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi