Primer equipo | 15/07/2016 10:50
A nosa liga

Sigamos volvéndonos tolos é o slogan da nosa campaña en redes sociais para animar á afección a seguir soñando, abonándose canto antes, con prezos bonificados recentemente ampliados de prazo e agora aplicables ata o 5 de agosto.
Queremos seguir mellorando; esta lícita aspiración por ir a máis é inherente ás persoas, ao deporte e á competición en calquera modalidade, e neste sentido esperamos que a liga LEB Ouro 2016-2017 sexa unha liga de verdade, é dicir, na que os mellores na cancha ascenden a tempada seguinte e os que quedaron no fondo da táboa descendan. O lóxico, xusto e natural.
Sobre esta premisa irrenunciable, o Club Básquet Coruña traballa intensamente para conformar un primeiro equipo competitivo, asegurando a continuidade do corpo técnico e a maioría dos xogadores, buscando no mercado os mellores reforzos posibles para seguir apuntando alto, e facendo un chamamento á afección para que se abonen e renoven o seu apoio a un equipo que promete diversión e bos resultados.
Son as lóxicas regras de xogo que todos debemos respectar, se queremos que o baloncesto creza, na nosa cidade e no noso país, agora e no futuro.
#sentimientonaranja
Primer equipo | 12/07/2016 10:50