Primer equipo | 10/10/2020 14:44
Á final!

De novo tocou sacar o mono e tirarse ao barro para pelexar na cancha. A imgen ofrecida polo COB o pasado sábado en #OFornodeRiazor non tivo nada que ver coa que mostraron no encontro de hoxe. Quizais iso foi o que sorprendeu aos xogadores de Sergio García no primeiro cuarto, que comezaron cun 19-16 a favor dos locais.
Con todo, o Leyma se enchufó e aos poucos as pezas foron encaixando, como nos anteriores encontros de pretemporada. O rebote foi clave na primeira parte do encontro, que terminou cun 31-39, +8 no marcador, no descanso.
Á volta dos vesturarios os ourensáns buscaron as cóxegas do Leyma, pero a constancia dos coruñeses deixou claro que non ían deixar que iso ocorrese. 57-62 ao termo do terceiro cuarto e moita intensidade por parte de ambos os equipos no último cuarto.
O COB achegouse no marcador, pero a defensa e a superioridade física deron a vitoria e o pase á final ao Leyma Coruña (73-76), que se enfrontará a Obradoiro, e que finaliza a súa pretemporada invicto.
O primeiro partido da tempada regular xogarao este venres día 16 ante o Tizona Burgos, en terras burgalesas.