A Federación Provincial de ANPAS de Centro Públicos da Coruña, protagonista de '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña será a asociación protagonista e homenaxeada mañá entre o primeiro e segundo cuarto do duelo ante o real Betis Enerxía Plus no noso programa solidario '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa. Un recoñecemento no contexto da celebración do 'Día Mundial da Educación' o próximo 24 de xaneiro.

A Federación ten entre os seus obxectivos conseguir unha educación de alta calidade e gratuíta, coordinar a actuación de todas as ANPAS integradas, fomentar a súa creación e desenvolvemento, promocionar a participación dos pais e nais nas mesmas e impulsar o diálogo de docentes con proxenitores, entre outras funcións.

Así mesmo, presta servizos ás ANPAS integradas nela tales como información lexislativa e asesoría técnica e xurídica. Un traballo fundamental para canalizar todas as necesidades educativas dos alumnos e ponte do centro cos pais e nais dos mesmos.