Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Actividades | 14/11/2016 15:50

A diabetes, causa social do partido do Leyma Coruña este venres en Riazor

La diabetes, causa social del partido del Leyma Coruña este viernes en Riazor

Con ocasión do Día Mundial da Diabetes, que se celebra hoxe luns 14 de novembro, o Leyma Coruña dedica o seu partido deste venres en Riazor a sensibilizar sobre unha patoloxía que afecta de modo crecente á poboación mundial e que en moitos casos os afectados ignoran que a padecen.

Este ano, baixo a lema "Ollo coa diabetes", os expertos advirten da importancia de detectar a diabetes tipo 2 para asegurar un diagnóstico e tratamento temperáns que axuden a reducir o risco de complicacións graves. Lembran que hai solucións sinxelas e económicas que axudan a identificar esta circunstancia ou o risco de desenvolver diabetes no futuro. Ademais, destacan a necesidade de integrar a detección das complicacións da diabetes na atención primaria das persoas que viven con esta patoloxía.

Non menos importante, alertan sobre a Diabetes 1 que afecta fundamentalmente a nenos e novos, dependentes da insulina porque o seu páncreas non a produce, o que condiciona de forma importante a súa vida social, familiar e escolar ou laboral.

En apoio a esta chamada de atención, o Club Básquet Coruña colaborou coas actividades de concienciación celebradas este pasado fin de semana na Casa da Auga e no Paseo Marítimo da nosa cidade, e que estiveron especialmete destinadas aos nenos e novos afectados pola Diabetes 1. A organización das actividades lúdicas e formativas, así como da I Marcha Popular pola Diabetes correu a cargo do Servizo de Endocrinoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, o servizo de Pediatría do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera e a Sociedade Galega de Endocrinoloxía, así como a Clínica InDiabetes, coa participación da Asociación Coruñesa de Persoas con Diabete, ACODI.

Como parte do programa ?17 Partidos 17 Causas? que o club baloncestístico desenvolve co apoio da Obra Social "la Caixa", no descanso do partido deste venres renderase homenaxe aos profesionais e entidades que traballan por mellorar a vida dos diabéticos, a través do avance no diagnóstico e o tratamento dunha patoloxía cuxa prevalencia aumenta na maioría dos países e que pode causar graves danos na saúde das persoas, pondo en perigo a súa vida.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi