Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 28/11/2016 08:53

A defensa e o rebote, claves na vitoria laranxa contra o Lleida

La defensa y el rebote, claves en la victoria naranja contra el Lleida

O Leyma Coruña regresa a casa coa satisfacción de vencer ao Actel Força Lleida na súa pista e nun trepidante partido no que os coruñeses rozaron os 90 puntos (80-89). Aínda que os primeiros tantos foron para os locais, enseguida cambiou o escenario. Porque os de Tito Díaz saltaran á pista dispostos a non deixar xogar cómodos ao rival e desde o primeiro momento puxeron en práctica o traballado durante a semana para dar o do de peito en defensa e dominar o rebote, as dúas claves que permitiron conquistar a oitava vitoria da tempada.

Así o sinalou o técnico laranxa: "logramos facer o partido que necesitabamos para non deixar que o Lleida xogase cómodo, porque este ano está a xogar a un ritmo moi alto, moi fluído, sacando moitas vantaxes nos bloqueos e con moitos movementos dos seus xogadores".

Fronte a isto, o Leyma Coruña despregou defensas alternativas e mellorou nas recuperacións de balón, capturando rebotes de ataque "que nos deron segundas opcións tanto na primeira parte como no final, e iso deunos aire en momentos determinados", explicou, o que axudou a dominar todo o partido salvo o terceiro cuarto.

O adestrador do conxunto herculino quixo destacar "a achega de todos en defensa e en ataque, na primeira parte xa anotaran todos". E, tan importante como a vitoria, mostrou a súa satisfacción porque, cando no terceiro cuarto "en base ao acerto puxéronsenos por diante, o meu equipo demostrou madurez, non perdeu os papeis, seguimos facendo o plan que tiñamos e esperamos a ter opcións para correr e anotar en situacións de xogo interior".

Unha valiosa vitoria que pon fin ao refacho das dúas últimas derrotas e que enche de confianza ao equipo de fronte á súa próxima cita, o sábado 3 de decembro en Oviedo, moi poucos días antes do derbi galego ante o Café Candeas Breogán, o 6 de decembro ás 12:30 horas no Pazo de Riazor. Dos que non se poden perder. #sentimentolaranxa

 







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi