A canteira do Básquet Coruña terá representantes nas concentracións de seleccións galegas deste nadal

O cadete Jorge García Barreiro acode durante este fin de semana, desde onte venres e ata a tarde de hoxe sábado á concentración da Selección Galega Cadete Masculina que se está realizando na Estrada. Os adestramentos, a cargo do corpo técnico da cadete masculina, no que se atopa o tamén técnico do Básquet Coruña Héctor Méndez Vidal, están a levarse a cabo no día de hoxe en horario 10:00-12:00 e de 16:00-18:00 no Pavillón Manuel Coto Ferreiro.
Repite convocatoria Jorge García Barreiro e desprazarase a Noia nas xornadas do 27 e 28 de decembro para a concentración da Selección Galega Cadete Masculina que se realizará no pavillón Alonso Rodriguez coa mesma planificación horaria.

Antón Lorenzo Portela será o representante da xeración 2007 Masculina que acuda ao PDC autonómico que se celebra en Portosín o 28 de decembro no Polideportivo David Vidal.

Laura Ibáñez e Inés Ferreiro acoden ao Torneo portugués de Aveiro convocadas pola Selección Galega Cadete Feminina que competirá coas seleccións de Aveiro, e O Porto e co CB Torres de Salamanca os días 27 e 28 de decembro en Anadia (Aveiro) .Para iso concentraranse xa o día 26 en Noia desde onde partirán cara a Portugal para participar no torneo.

Desde o club, como sempre, desexámoslles moita sorte nestas convocatorias e sentímonos orgullosos de seguir achegando canteira ás seleccións galegas de todas as categorías inferiores.