Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 09/11/2020 10:49

A Asociación CMM, homenaxeada esta semana de noso ?17 partidos, 17 causas?

La Asociación CMM, homenajeada esta semana de nuestro “17 partidos, 17 causas”

Este domingo, no noso partido fronte a Club Melilla Baloncesto, homenaxearemos á Asociación CMM (Cancro Mama Metastásico), que se constituíu no mes de febreiro de 2018, por iniciativa dun grupo de pacientes de cancro de mama avanzado, no noso país. Trátase da primeira asociación deste tipo en Europa.

A iniciativa xurdiu a través dun grupo de Facebook, e en outubro de 2017 contaba con 280 mulleres de seis países. Na actualidade, son máis de 800 as que forman parte da asociación.

A súa intención principal é conseguir maior difusión e máis recursos para a investigación. O 20% de pacientes con cancro de mama metastásico, ten menos de 40 anos. Cos tratamentos actuais, a media de supervivencia é de 4 anos, moitas delas non chegarán aos 50. Por esta razón, elas mesmas organizan campañas e ten como obxectivo a detección precoz da recidiva, o genotipado de lesións metastásicas e a aplicación de tratamentos específicos.

Por último, os fins da asociación son:
? Captar recursos e promover a investigación CMM.
? Proporcionar información e sistemas de axudas aos asociados.
? Propiciar a integración entre centros asistenciais, hospitais e centros de investigación.
? Informar e concienciar á sociedade sobre o recoñecemento e a aceptación de pacientes CMM.
? Fomentar o voluntariado, para a atención ao paciente CMM, en diferentes situacións.
? Estudar problemas específicos dos pacientes con CMM e as súas familias e analizar vías de solución.







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi