Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 06/02/2020 12:14

A AECC será homenaxeada este domingo

La AECC será homenajeada este domingo

O Club Básquet Coruña homenaxeará, un ano máis, á AECC (Asociación Española Contra o Cancro), na causa social ?17 partidos, 17 causas? en colaboración coa Obra Social da Caixa. A homenaxe terá lugar o vindeiro domingo día 9 de febreiro, no encontro entre Leyma Coruña e Levitec Huesca, correspondente á 21ª xornada de liga LEB Ouro e que se disputará en #OFornodeRiazor ás 19:00 horas.

Esta homenaxe coincide coa conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro, que tivo lugar o pasado martes 4 de febreiro, e con motivo deste día, lanzaron unha campaña denominada "Chámao Cancro, Historias detrás da palabra", co obxectivo de visibilizar a realidade dos pacientes e os custos sociais e emocionais que ten a enfermidade. A palabra cancro segue sendo tabú na nosa sociedade, unha palabra que non se quere escoitar nin pronunciar. Só visibilizando a enfermidade faremos que as persoas que a padecen sentan apoiadas e comprendidas.

Ademais, durante o partido, a AECC terá unha mesa informativa e repartirán folletos continuando co noso labor de concienciación. Así mesmo, a vogal do Consello Provincial, Beatriz Benito, acudirá ao partido en representación da asociación.
#ChámalleCancro #AECC








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city