Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 17/12/2015 19:07

2ª división Infantil Feminino: Asomadas á vitoria

2ª división Infantil Femenino: Asomadas a la victoria

Desprazábase o equipo infantil feminino Básquet Coruña Leyma 02 a Carballo coa expectativa de seguir plasmando sobre a pista as melloras dos adestramentos, pero coa consciencia plena da diferenza física e de horas de voo entre ambos os equipos. De todos os xeitos neste partido reaparecía Sofía Cernadas tras un mes de baixa pola súa lesión na man, e a súa presenza notouse na pista.

Unha vez sacudidos os nervios das primeiras xornadas, tardamos moito menos que outras veces en meternos en partido, aínda que en xeral encaixamos parciais no arranque que nos fan temer o peor. Aquí non foi distinto, pero tras un mal grolo co 8-2 inicial, as mozas apertaron as clavijas e axuntando esforzos en defensa chegamos ao final do primeiro cuarto dous abaixo (12-10). O segundo cuarto foi moi pobre en anotación, pero hai que destacar a palabra crave deste partido: defensa, defensa, defensa (9-6). O feito de que todas as xogadoras dispoñibles desen rotacións rápidas nesta primeira parte permitiu manter esta intensidade.

O descanso supuxo tomar a decisión de irnos para arriba ou conformarnos con estar aí, e cun malgaste de pernas a todo campo logramos enxugar os 5 puntos de vantaxe (3-8). Así as cousas, emprendemos o último cuarto empatadas no marcador. A falta de 5 minutos puxémonos 1 arriba e a falta de 3 minutos gañabamos de 5 puntos, pero un tempo morto rival e o espertar anotador das xogadoras de Xiria déronlles a vitoria pola diferenza do último cuarto (16-9). Demasiado castigo para un esforzo tan grande, pero tamén un toque no ombreiro para que nos deamos conta de que si se pode.

Escola Básket Xiria (12+9+3+16) 40: Martínez, Casas, Cotelo, García, Casal, Oliveira, Martínez, Casas, Portela, Varela, Antelo e Castiñeiras.

Adestradores: Javi Varela.

Básquet Coruña Leyma 02 (10+6+8+9) 33: Adela Villar, Sara Lara, Lucía Méndez, Iria Candal, Lucía Cernadas, Sara Añón, Tania Viqueira (lesionada), Esther Veiga, Martina Gutiérrez (alevín), Branca Fernández (alevín) e Sara Fernández.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city