Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 17/12/2015 18:55

2ª división cadete fem: Básquet Coruña Leyma ?00 ?Star Center Ferrol A (67-54)

2ª división cadete fem: Básquet Coruña Leyma ’00 –Star Center Ferrol A (67-54)

Básquet Coruña Leyma ?00: Sara Carro (27), Laura Vázquez (6), Laura Criado (5), Ariadna Díaz (13), Miriam Noguerol (8) ? 5 inicial ? Paula Penedo (4), Inés Fernández (-), Alba Meijide (2), Natalia Carro (2).

Adestrador: Diego Fernández.

Star Center Ferrol A: N. Cornide (2), A. López (6), M. Piñeiro (26), E. Varela (4), P. Domínguez (6) ? 5 inicial ? N. González (2), L. Loureiro (3), I. Pérez (5).

Adestrador: G. Gómez.

Árbitros: Curros e Beis. Sen eliminadas.

Parciais: 20-8, 37-20 (descanso), 56-34, 67-54 (final).

Incidencias: Todas as xogadoras cadetes estaban dispoñibles, tras a recuperación de Natalia, aínda que Laura Criado só podería xogar ata o descanso por molestias físicas.

Asistencia: Cincuenta espectadores.

Desde as primeiras xogadas, Básquet Coruña tomaba a dianteira grazas a accións rápidas tras roubo de balón, e boas accións dun contra un. Con todo, as ferrolás refacíanse ante o mellor arranque local, e eran capaces de manterse a 6-8 puntos durante gran parte do primeiro cuarto.

Nos minutos finais deste primeiro parcial, un novo arreón das nosas cadetes situáballes con 12 puntos de vantaxe, e un bo ritmo de anotación grazas ás vantaxes que xeraban desde o exterior (20-8 min 10).

O encontro manteríase polos mesmos camiños durante o segundo cuarto. As nosas seguían dominando o ritmo do partido, aínda que Star Center, apoiadas en Piñeiro, evitaban unha escapada maior no marcador. As numerosas rotacións das nosas non minguaban o bo facer do equipo a nivel colectivo (37-20 min 20).

Tras o descanso, a tónica do partido apenas cambiaría. No terceiro cuarto chegaban as máximas vantaxes das locais, que seguían intensas en defensa, e que se mostraban acertadas nalgún lanzamento exterior ante a defensa zonal que por momentos expuñan as visitantes (56-34 min 30).

O cuarto final dividíase claramente en dous partes. Uns primeiros minutos onde Básquet Coruña seguía moi firme en defensa, combinando isto con boas accións ofensivas, mentres que no catro últimos minutos as ferrolás aumentaban a súa intensidade, e aproveitaban para reducir diferenzas, e deixar a diferenza en 13 puntos (67-54 min 40).

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi