Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 05/11/2018 13:27

17 partidos, 17 causas a favor de ACODI

17 partidos, 17 causas a favor de ACODI

O Leyma Coruña regresa ao Palacio dos Deportes de Riazor este venres para medirse aos Chocolates Trapa Palencia e no intermedio entre o primeiro e o segundo cuarto dedicaremos o noso programa ?17 partidos 17 causas? da Obra Social A Caixa a ACODI, que celebra o próximo 14 de novembro o Día Mundial da Diabetes.

A asociación, sen ánimo de lucro, fundouse no ano 2006 coa idea de dar apoio, soporte, información e difusión a todas aquelas persoas con diabetes e a sensibilizar ao resto da poboación dunha patoloxía que en ocasións existe e que os afectados ignoran que a padecen.

A partir do mércores 14 ACODI levará a cabo diferentes actividades divulgativas na cidade herculina: unha carpa formativa na praza de Lugo, unha sesión de fotos a favor da entidade, a iniciativa "Blue Monument Challengue" que tinguirá de azul a Torre de Hércules, en homenaxe ao Día Mundial da Diabetes, charlas divulgativas sobre a diabetes e unha mesa informativa sobre información e prevención.

Desde o Básquet Coruña queremos homenaxear no partido a esta entidade que traballa por mellorar a vida das persoas que sofren diabetes, informar acerca da importancia da detección da mesma, apoiar a todos os pacientes, especialmente aqueles con diabetes I que afecta fundamentalmente a nenos e novos e que condiciona de forma moi importante a súa vida social, escolar e familiar.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar