14 partidos?14 causas solidarias

Unha tempada máis, o Leyma desexa dedicar cada partido como local do equipo LEB  a unha entidade coruñesa que traballe por un valor social.
Con motivo do primeiro partido de Liga entre o Leyma Básquet Coruña e o Força Lleida, o Secretario da Xunta Directiva do Club Básquet Coruña, fixo entrega a Dna. María Elena Viturro, Presidenta do Consello Executivo da Xunta Provincial da Coruña da AECC,  do donativo recadado con motivo da celebración o pasado 31 de maio da carreira contra o cancro na Coruña. Unha actividade na que todos os anos o Básquet Coruña, colabora na súa organización.
Este programa de 14 partidos…14 causas solidarias, terá continuidade durante cada tempada e o próximo partido en casa, contra o Burgos, irá dedicado a outra entidade.