Entrenadores

Juan Díaz Vázquez (Maracaibo, -)
Tras varias tempadas como axudante de Javier Castroverde no primeiro equipo colle a testemuña deste e dirixe ó equipo durante 3 tempadas consecutivas nas que se logra a permanencia do equipo na liga LEB. Abandona o cargo tras, por causas extradeportivas, o Club perder a praza na categoría. Tras dirixir ao Santo Domingo de Betanzos en Liga EBA, leva algunhas tempadas afastado dos bancos.

Miguel Ángel Hoyo (Ceuta, 1973)
Dirixiu ao primeiro equipo unicamente unha tempada aínda que a súa vinculación ao Club traballando coa base foi de moitas máis tempadas. Colleu as rendas do equipo en Liga EBA, e abandonou o equipo unha tempada máis tarde rumbo ao CB Sarria. Nas últimas tempadas estivo adestrando en diferentes países, o pasado ano na primeira división de Turquía.

Javier Rodríguez (Viveiro, 1974)
Dirixíu ao primeiro equipo durante unha exitosa tempada na que se logrou o ascenso á liga LEB 2. Tras non poder lograr os requisitos económicos o Club para formalizar o ascenso na pista abandonou o Club e emprendeu outros proxectos deportivos. Dende a tempada pasada dirixe ao equipo senior de Cambre.

Nacho Rama (A Coruña, 1971)
Na tempada 2004/05, o Club asinou un convenio co Atlántico Coruña Baloncesto para ocupar o seu lugar na categoría federativa deste último en 1ª división, Nacho Rama, quen pertencía á estrutura deportiva de ambas entidades, dirixiu ao equipo e logrou o ascenso de categoría para recuperar novamente a praza en Liga EBA. Tras esta tempada ocupou o posto de Xerente do Club durante case unha década.

Antonio Pérez (Ferrol, 1974)
Foi o adestrador que máis tempadas estivo á fronte do primeiro equipo. Durante as 7 tempadas que estivo á fronte do equipo guiou ao equipo desde a liga EBA ata a Leb Prata. No 2012 deixou o Club, e na actualidade, tras ser axudante do CB Valladolid na liga Endesa, dirixiu varios proxectos na liga LEB. Esta tempada exercerá de adestrador axudante no Estudantes de Madrid de liga ACB.

Antonio Herrera (Sevilla, 1975)
Dirixíu ao Leyma Básquet Coruña na tempada da reestrea na LEB Ouro. Tras esta tempada na que se disputaron os Play Off de ascenso a ACB, asinou como axudante de Joan Praza no conxunto andaluz. Esta tempada volverá encabezar un banco, o de Araberri en liga LEB Ouro.

Tito Diaz (Lugo, 1957)
Chegou ao Club no 2013 e adestrou ao primeiro equipo durante 4 tempadas nas que en 3 delas alcanzouse o Play Off de Ascenso á liga ACB, chegando mesmo a disputar as semifinais polo ascenso contra Melilla, o que é, ata o momento a mellor clasificación histórica do Club.

Gustavo Aranzana (Valladolid, 1958)
Aterrou en Coruña a tempada pasada na que o equipo alcanzou os Play Off de ascenso a Liga ACB nos que o Leyma Coruña caeu derrotado no 5º partido con Manresa, equipo que posteriormente alcanzou o ascenso. Este ano comezará a súa segunda tempada.

club-entrenadores10
club-entrenadores10txt