Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 25/02/2018 13:49

Vitoria de oficio do Leyma Coruña ante o Actel Força Lleida (72-78)

Victoria de oficio del Leyma Coruña ante el Actel Força Lleida (72-78)

O Leyma Coruña logrou unha importante vitoria ante o Actel Força Lleida (72-78) que puxo fin a unha serie de dúas derrotas consecutivas (Carramimbre e Prat) e mantén aos laranxas en postos de play-off.

Comezaron mellor os visitantes, guiados polos bos minutos de Dimitry Fliss, acompañando e sumando xunto ao sempre solvente Sergio Olmos no poste baixo (2-9), e sorprendendo a un rival noqueado nos primeiros compases. Pero os de Borja Comenge refixéronse e tras un parcial de 6-0 pechaban o primeiro acto tres abaixo (12-15).

Liderados por Pablo Ferreiro, debido á baixa por lesión de Jorge Sanz, afectado dunha escordadura, iniciaron ben os coruñeses o segundo acto, pero aos poucos os locais ían recortando distancias, sobre todo a base de tiros libres, que contrarrestaban os triplos dun Jonathan Gilling, que chegaba a tempo para o partido, tras xogar coa selección danesa. Lleida íase aos vestiarios por diante 36-34 e con todo por decidir na segunda parte.

Saía mal o Leyma Coruña ao terceiro acto, encaixando un 8-0 de saída (49-41), pero rapidamente contrarrestábao cun 3-9, nun tempo marcado polas imprecisións por parte de ambos os contendentes (52-50). Tras outro parcial encaixado en contra que puña moi costa arriba a vitoria, Monaghan volvía protagonizar bos minutos nos instantes finais e guiaba na vitoria ao seu equipo (28 puntos de valoración), que espertaba a tempo para cortar a mal dinámica das dúas últimas xornadas (72-78).

O Leyma Coruña regresa ao Palacio dos Deportes de Riazor o venres día 2 para enfrontarse ás 21.00 horas a Cáceres Patrimonio da Humanidade. Esperámosvos!









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city