Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Actividades | 19/06/2018 10:24

Visita a Termaria e Xogos Populares no noso Campus Milenium

Visita a Termaria y Xogos Populares en nuestro Campus Milenium

Seguimos desvelando máis actividades e sorpresas incluídas dentro do noso Campus Milenium. Aínda que o fundamental será os fundamentos técnico-tácticos do baloncesto, con adestramentos diarios do deporte da canastra, teremos outras actividades multidisciplinares.

Os nosos participantes visitarán unha xornada Termaria. Nas modernas instalacións do complexo deportivo haberá sesións de piscina, no único vaso olímpico que hai actualmente na Coruña. Un día pasado por auga, cheo de diversión e natación, que será en todo momento tutorizado por monitores especializados.

Ademais, os nosos mozos deportistas competirán nos Xogos Populares Galegos da man de Ricardo Pérez e Verdes, promotor e director do MELGA (Museo Etnoludico galego), unha asociación que ten como obxectivo conservar e recuperar o patrimonio lúdico, cultural e deportivo de Galicia. Unha forma de achegarse aos xogos máis tradicionais da nosa comunidade e de aprender sobre outras formas de lecer do pasado.

Dúas novas alternativas de diversión para os nosos participantes no Campus Milenium, cuxo prazo de inscrición péchase este venres día 22.









non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro