Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 04/12/2017 12:54

Vitoria traballada do Leyma Coruña ante o exequipo ACB Básquet Manresa (75-81)

Victoria trabajada del Leyma Coruña ante el exequipo ACB Básquet Manresa (75-81)

O Leyma Coruña logrou un importante triunfo no Nou Congost ante o Básquet Manresa (75-81), que lle aúpa á novena praza que dá acceso ao playoff de ascenso.

Os laranxas impuxéronse a todo un exequipo ACB, nun partido no que non entraron con bo pé. Tras un primeiro cuarto dubitativo (25-17), os coruñeses melloraron prestacións no descanso, índose só catro puntos abaixo (37-33).

No segundo acto víronse os mellores minutos de xogadores como Jonathan Gilling, que se botou o equipo ás costas, ou un oportunista Zach Monaghan, que volveu a desengrasar a súa boneca para anotar de tres (38-38). Con táboas no luminoso chegouse ao acto definitivo (51-51).

Ía encadeando pequenas rendas o Leyma Coruña que non era capaz de contrarrestar o Básquet Manresa. A pesar de porse a tiro de tres nos últimos instantes (72-75) terminaba por claudicar ante o empuxón coruñés.

A escuadra de Aranzana terá o seu próximo compromiso este domingo 10 ás 12.00 horas ante o Barcelona Lassa.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro