Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Equipos base | 31/01/2018 18:34

Unha nova actividade formativa do Club para sumar calidade á canteira

Una nueva actividad formativa del Club para sumar calidad a la cantera

A formación é un dos alicerces do Club Básquet Coruña e para iso a base conta cun equipo de 25 técnicos encargados de achegar o mellor de se mesmos aos canteiráns do club. Co obxectivo de seguir esta liña ponse de novo en marcha "Adestrando con Javier Orosa".

Orosa intercambiará puntos de vista e experiencias con adestradores do club para enriquecemento mutuo, e será o responsable, a través desta actividade, de transmitir e dotar aos nosos adestradores da posibilidade dunha formación continua.

O desenvolvemento da mesma consta da presenza e achega de Javier nos adestramentos e a dinámica dos equipos da base, achegando os coñecementos que lle deu a súa ampla experiencia, aos técnicos máis novos. Haberá catro fases identificadas dentro do proceso; observación, intervención, observación e avaliación. Deste xeito preténdese que os adestradores e adestradoras que conforman os corpos técnicos dos equipos da canteira sigan aumentando coñecementos, adquirindo novas habilidades para o ensino, metodoloxías, planificación de tarefas e recursos en xeral para seguir formando sen perder de vista o obxectivo último que é o xogo e a educación en valores no deporte.

Ademais de favorecer a formación continua dos nosos técnicos, búscase tamén o rendemento deportivo dos xogadores e xogadoras xa que a actividade ten un importante factor práctico.

Non será un debut no club para Javier Orosa xa que o técnico galego colaborou en diferentes ocasións co Básquet Coruña. As máis recentes nas Xornadas para Adestradores que se realizaron desde o Club Básquet Coruña coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, e como parte do equipo de técnicos que impartiron adestramentos no Campus de Tecnificación do Club Básquet Coruña que se celebrou en xullo de 2017.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro