Un ano máis, o Club Básquet Coruña colabora coa carreira ENKI

Esta segunda homenaxe da nosa obra social ?17 partidos, 17 causas? será para Proxecto Enki da Fundación Abrente. Coincidindo coa terceira xornada da liga LEB Ouro, como é habitual, a homenaxe realizarase no descanso entre o primeiro e segundo cuarto. A entidade laranxa quere colaborar con este evento dándolle visibilidade e achegando unha serie de entradas para os integrantes da fundación.


Abrente é unha ONG que organiza a sexta carreira ENKI, o vindeiro sábado 19 de outubro. Unha competición lúdico-deportiva que dá visibilidade ás persoas con diversidade funcional, desde unha perspectiva inclusiva, e que contará con 10.000 inscritos esgotando xa as inscricións, o que dá mostras do seu gran acollida.


Os participantes terán que pasar diferentes probas nas que haberá que mancharse con fariña ou auga, ou obstáculos a salvar con cordas, zombies ou pneumáticos, emulando barreiras que moitas veces se atopan as persoas con diversidade funcional no seu día a día.


Nesta carreira colaboran, como moitas outras institucións e promotores, o Concello da Coruña, a Obra Social a Caixa e a Fundación María José Jove.