Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 07/08/2019 10:52

Últimas novidades de transformación a SAD e acto de entrega das accións

Últimas novedades de transformación a SAD y acto de entrega de las acciones

Tras a firma da escritura de constitución do Club Básquet Coruña SAD o pasado 5 de xullo, queda pendente o trámite da inscrición formal no rexistro de Asociacións Deportivas do Consello Superior de Deportes (CSD), como paso previo á inscrición da escritura de constitución da SAD no Rexistro Mercantil.

Durante o mes setembro celebrarase a reunión da Comisión Delegada do CSD que previsiblemente aprobará a inscrición do Club Básquet Coruña SAD no mencionado rexistro de Asociacións Deportivas.

A continuación, o club procederá a presentar a mencionada escritura no Rexistro Mercantil, finalizando nese momento o proceso de transformación do club en SAD. Formalizada a inscrición no rexistro mercantil, o club organizará un acto no que se fará entrega aos accionistas fundadores das accións que adquiriron durante o proceso de conversión do club en SAD, así como dos obsequios detallados nas bases de subscrición para aqueles accionistas que adquirisen 5 ou máis accións.

O club informará puntualmente a cada accionista e con suficiente antelación da data, hora e lugar de celebración deste acto que simboliza un fito moi relevante para a historia do club.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro