Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 21/07/2018 10:03

Ty Sabin, un tirador para as filas do Leyma Coruña

Ty Savin, un tirador para las filas del Leyma Coruña

O Club Básquet Coruña anuncia a incorporación do xogador Ty Sabin, xogador americano de 191 centímetros e 23 anos, que provén da liga danesa na súa primeira tempada rookie, onde ha promediado en 26 minutos de xogo 17 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias por partido, cunhas porcentaxes do 42% en tiros de tres puntos.

A ameaza exterior é a característica fundamental do seu xogo, cun lanzamento rápido saíndo de indirectos, aínda que tamén ten capacidade para xerarse os seus propios tiros xogando bloqueo directo e mesmo en 1 contra 1.

Sabin foi un anotador compulsivo toda a súa carreira universitaria, non en balde no seu catro anos en Ripon College, NCAA D3, anotou unha media de 26 puntos con 283 triplos de 608 tentados, o que supón un 47% de acerto desde detrás da liña de tres. No seu último ano, a tempada 2016-17, anotou 30.7 puntos de media por partido, algo que ningún dos 18.680 xogadores universitarios nos Estados Unidos foi capaz de igualar. Estes rexistros na súa etapa en Ripon supuxeron unha gran cantidade de mencións e galardóns individuais polos seus números e porcentaxes estatísticas, entre os que podemos destacar:

NABC NCAA D3 All-America 1st Team en 2017

NABC NCAA D3 All-Central Region Player of the Year en 2017

All-MWC Player of the Year en 2016 e 2017.

Confiamos en que o seu segundo ano en Europa sexa o da súa consolidación como gran xogador da man de Gustavo Aranzana. O americano é a sexta peza do persoal do Leyma Coruña, tras as renovacións de Zach Monaghan, Pablo Ferreiro e Larry Abia, e as incorporacións de Carlos Martínez e Mirza Bulic.

Campaña de abonados

Lembramos a todos os afeccionados que segue en marcha a tarifa promocional da campaña de abonados, mediante a cal se manteñen os prezos populares das últimas tempadas adquirindo os carnés antes do 15 de agosto.

Co obxectivo de aumentar a nosa masa social expuxemos a oferta 1máis1, mediante a cal todos os nosos socios e abonados da tempada pasada ven beneficiados se traen un novo socio ou abonado de igual ou maior valor. O desconto equivale a un 50% do prezo do seu abono sobre a tarifa xeral, ou coa gratuidade do segundo carné no caso dos socios.

O trámite está dispoñible en liña a través da nosa web www.basquetcoruna.com, ou presencialmente nas oficinas do club en horario de mañá de 10 a 14 horas.

 









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro