Traballamos por un Pozo para Cafia

Durante o partido, venderanse rifas para o sorteo dunha camiseta do primeiro equipo do Leyma Natura asinada por todos os xogadores, todo o recadado irá destinado ao financiamento da construción do Pozo que facilite a vida a todos os habitantes de Cafia.
Queremos construír o noso pozo de auga, “Pozo Básquet Coruña” do mesmo xeito que fixeron os estudantes do colexio Wencesalo (na foto) ou Ramón da Sagra noutras ocasións.
Co diñeiro obtido da venda de rifas deste partido máis o obtido nalgunhas outras actividades do Club, financiarase a construción dun Pozo nesta poboación dun pozo co noso nome: “Pozo Básquet Coruña”.
En Guinea Bissau, tan só a metade da poboación ten acceso á auga potable, provocando un gran índice de mortaldade por diarreas, parásitos, febres tifoideas, o que provoca unha gran mortaldade sobre todo en nenos menores de cinco anos. A taxa de mortalidade infantil é dun 10% en 2011.
A auga é a clave na saúde, o desenvolvemento humano e a loita contra a pobreza. Por ese motivo, Miradas ao Mundo púxose como obxectivo construír pozos artesáns en todas as poboacións nas que traballa, e máis tarde convertelos en pozos de bomba onde a calidade da auga está máis garantida.
www.miradasalmundo.org
¡¡AXÚDANOS A CONSEGUILO!!