Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 29/12/2015 10:03

Torneo Nadal Maristas: crónica do infantil feminino 02

Torneo Navidad Maristas: crónica del infantil femenino 02

Eu cando sexa maior quero ser como Iria Candal, que dorme abrazada ao balón porque ten medo de que non lle toque sacar cando quedemos para xogar, ou como Sara Lara, que quere gañarche ata ás canicas. Quero ser como Lucía Méndez, que vive colgada da adestradora a ver se se decata a que cheira isto do baloncesto, ou como Sara Añón, que aguanta resignada que o seu compañeiras se lle caian encima porque ela pode con todo. Gustaríame ser como Sofía Cernadas, que traballa como unha hormiguita porque sabe que chegou máis tarde ao baile pero que seguro que bailará co príncipe. E como Sarita Fernández, que che vai a demostrar cun sorriso que co esforzo como cartón de presentación brillarás alá onde vaias. Quero ser como Esther Veiga, que vén sempre cos petos cheos a ver que queres dela, porque cho vai a dar, ou como Tania Viqueira, que se convence todos os días de que ela vai volver a xogar a isto porque é equipo por encima de todo.

Pero por encima de todo, me váis a perdoar queridos Reyes que eu en realidade quero ser como Adela Villar, a capitá, que se acaba de quedar sen medalla porque decidiu meter no concurso á súa amiga e quedar sen recordo. Ao final os espellos non abundan, e eu quero mirarme nese. Que gañásemos o noso primeiro torneo xuntas non deixa de ser unha anécdota marabillosa.

Emocionante gañar de 1 ao combinado de Culleredo cando iamos perdendo de 10 ao descanso, e despois máis comodamente a Maristas Champagnat. Moi sorprendente algún triunfo en concursos de tiro de todos os tipos, e varios premios individuais moi loables que serían imposibles sen as compañeiras. Pero o que de verdade nos fai crecer é compartir un día en equipo, sentir que podiamos conseguir algo TODAS XUNTAS.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city