Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 10/12/2016 21:53

Tito Díaz, sobre a derrota laranxa: "talvez pesounos o partido do martes"

Tito Díaz, sobre la derrota naranja: “tal vez nos pesó el partido del martes”

Cun contundente resultado final de 90-97, os de Tito Díaz non puideron ofrecer esta tarde unha segunda vitoria na súa casa nunha mesma semana. O CB Prat saltou á pista disposto a cortar coa súa serie de tres derrotas consecutivas e levou unha valiosa vitoria a base de xogar "con orde, frescura e ritmo", en palabras do técnico laranxa, que felicitou ao rival polo seu gran partido.

Como xa prognosticara Tito Díaz na previa do choque, ía ser necesaria moita fortaleza mental para esquecerse da recente vitoria contra o Café Candeas Breogán e volver malgastar enerxía e intensidade defensiva. Ambas as cousas botáronse en falta nas filas dos locais ante un equipo visitante que "parecía que levaba unha marcha máis que nós", reflexionou o técnico do Leyma Coruña.

Na súa opinión, nos seus puido pesar a dureza do calendario nestas últimas xornadas. "Quizá acusamos o partidazo do martes, física e sobre todo mentalmente", manifestou, aludindo tamén ao intenso choque da xornada anterior en Oviedo. "Vin ao meu equipo canso, con pouco ritmo e mesmo un pouco atrancado", engadiu.

Tito Díaz deu o parabén aos de Roberto Sánchez pola súa merecida vitoria e tamén felicitou aos seus "porque están a facer un esforzo tremendo, e talvez se o calendario fose máis normal axudaríanos a todos", reflexionou.

Agora toca reporse e coller novo impulso para a nova cita ligueira, o vindeiro venres 16 contra o TAU Castelló en partido a domicilio, ás 20:30 horas. E, antes do parón do Nadal, a marea laranxa reencontrarase co seu equipo o martes 20 ás 20:30 horas. Non faltaremos! #sentimentolaranxa

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-post-j14.m4a








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro