Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 06/11/2015 15:41

Tito Díaz: "queremos seguir facéndonos fortes en casa"

Tito Díaz: “queremos seguir haciéndonos fuertes en casa”

Mañá sábado o sentimento laranxa ten nova cita no Palacio dos Deportes de Riazor ás 20:30 horas, no que promete ser outro partido intenso e cheo de emoción, esta vez fronte ao San Pablo Inmobiliaria Burgos, un equipo en parte de novo cuño -9 xogadores novos- pero que se apoia no mesmo corpo técnico que deu grandes veladas de baloncesto aos burgaleses en anteriores tempadas, da man do seu primeiro adestrador Andreu Casadevall.

Na rolda de prensa previa celebrada esta mañá, o adestrador de noso equipo LEB Ouro, Tito Díaz, debullou os aspectos que serán decisivos no choque contra un rival que vén coa moral alta despois de vencer ao todopoderoso Melilla e de encarar a sexta xornada de liga con tres vitorias e dúas derrotas.

O tres elementos que poden axudar a que a vitoria quede en casa son, a xuízo do técnico laranxa, que os nosos fagan o mellor partido posible en defensa , que dean un paso adiante no rebote -as cifras do Burgos son claramente superiores, con máis de 31 por partido fronte a 25 dos locais- e compensar o oficio dos visitantes co factor cancha. O técnico confirmou que o veterano capitán Jesús Castro vaise incorporando aos poucos aos adestramentos tras a súa lesión de xeonllo e mañá estará co resto do equipo.

"É moi importante facernos fortes en casa", asegura Tito, que destaca que os seus teñen "todas as ganas e ilusión do mundo" por dar unha nova vitoria á afección e que "non nos sentimos inferiores nin superiores a outros equipos". Tras subliñar a importancia de que o persoal está a adestrar ben -"como se adestra, xógase", recalcou- e minimizar a importancia da clasificación a estas alturas da competición, non dubidou en asegurar: "vexo ben ao meu equipo, queremos tombar a outro grande e imos tentalo".

Documentos adjuntos

previa-tito-diaz-j6.m4a









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city