Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 14/01/2016 17:19

Tito Díaz pide máxima atención defensiva en Riazor contra o Ourense Provincia Termal

Tito Díaz pide máxima atención defensiva en Riazor contra el Ourense Provincia Termal

O Leyma Básquet Coruña xoga de novo en casa mañá venres ás 21:00 horas, tras facelo a semana pasada contra o Club Melilla Baloncesto nun partido que para o conxunto laranxa significou a cuarta vitoria consecutiva en Riazor.

Os de Tito Díaz queren seguir sumando na súa pista e por tanto non hai lugar para a relaxación. Na súa análise previa do partido, o técnico advirte sobre a importancia de estar máximamente alertas na defensa fronte a un rival directo como é o Ourense Provincia Termal, que conta con xogadores clave como a base Pedro Rivero e o pivot Guillermo Rejón, "que o ano pasado foron baluartes para o ascenso e que, ademais de xogar eles ben, fan que o equipo sexa mellor". Xunto a eles suman a súa experiencia os escoltas Diego Kapelan e Jhornan Zamora, así como o pivote ex laranxa Kyle Rowley.

Na súa opinión, trátase dun equipo con boa mestura de experiencia e mocidade -entre estes últimos o cercedense Jonathan Barreiro-, que xoga sen presión polo seu asegurado ascenso á ACB na próxima tempada e que conta con xogadores moi motivados ante o horizonte de poder saltar á máxima categoría da competición nacional dentro das filas do seu actual equipo.

Consciente da importancia de seguir compensando con novas vitorias a seca do arranque da tempada, Tito Díaz subliñou que "non podemos ceder nin un milímetro en casa" e pediu unha vez máis aos coruñeses o seu apoio desde as bancadas, do mesmo xeito que fixeron na xornada anterior. Esta vez co aliciente de tratarse do primeiro derbi da segunda volta da liga e de ter enfronte un equipo que se está mostrando especialmente perigoso e combativo nos seus duelos a domicilio e nas pistas máis difíciles.

Documentos adjuntos

previa-tito-diaz-jornada-18.m4a










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city