Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 12/05/2016 16:54

Tito Díaz pide á afección que acuda apoiar a un equipo que se deixará a alma na pista

Tito Díaz pide a la afición que acuda apoyar a un equipo que se dejará el alma en la pista

Tras lograr un valioso empate a domicilio nos dous primeiros partidos das semifinais do playoff de ascenso á ACB fronte ao Melilla Baloncesto, o Leyma Básquet Coruña volve xogar en Riazor este fin de semana, comezando por mañá venres ás 21:00 horas e o domingo ás 12:30. Farao por tanto arroupado pola calor da súa afección e co desexo de seguir prolongando ao máximo a súa andaina nesta apaixonante eliminatoria.

Na rolda de prensa previa ao choque de mañá, o adestrador Tito Díaz recoñeceu que nestes playoff "tocounos tal vez o camiño máis complicado", ao ter que verllas, na súa opinión, "cos dous equipos máis grandes" que entraron na pugna polo ascenso á ACB, primeiro o Café Candelas Breogán e agora o Melilla Baloncesto.

Tras as disputas en terras norteafricanas, o técnico laranxa mostrou a súa satisfacción por conseguir unha vitoria que asegura celebrar agora dous partidos máis de playoff ante a afección, sinalando unha vez máis que é un premio para todos e toca gozalo, aínda que recoñece o desgaste que sofren os xogadores a estas alturas deste tipo de eliminatorias e espera un partido menos anotador por ambas as partes.

Aínda así, e pese ao cansazo e as lesións nas filas laranxas, Tito Díaz non dubida de que o Leyma Básquet Coruña "vaise a deixar a alma na pista" e, en xusta correspondencia, fai un chamamento á afección para que mañá acuda a apoiar desde a bancada a uns xogadores que conectaron coa súa xente e que máis que nunca necesitan o seu estímulo.

No apartado táctico, pediu aos seus mellorar algúns aspectos defensivos e moi especialmente o rebote ofensivo, un punto no que os melillenses foron moi superiores nos anteriores encontros, con 17 e 13 capturas no primeiro e segundo partido respectivamente. Ademais saben que o rival -perdedor na última disputa- virá especialmente atento e coa intención de recuperar canto antes o factor cancha.

Finalmente, quixo reiterar a importancia de que nestes partidos tan decisivos os coruñeses acudan ao pavillón xa que, tendo en conta a memorable tempada que estamos a vivir "este é o momento do baloncesto na Coruña" e por tanto "quen non estea aquí mañá non estará nunca".









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro