Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 23/10/2015 18:40

Tito Díaz: "necesitamos negociar mellor os últimos minutos do partido"

Tito Díaz: “necesitamos negociar mejor los últimos minutos del partido”

Este domingo o Palacio dos Deportes de Riazor acollerá o seu primeiro derbi de tempada. Nesta cuarta xornada de liga o Leyma Básquet Coruña volverá enfrontarse a outro dos grandes, o Café Candeas Breogán, o único conxunto da LEB Ouro que gañou o tres partidos xogados ata a data. No polo oposto están os laranxas, pero isto acaba de empezar e, en palabras do seu adestrador Tito Díaz, "o equipo está a responder ben e isto faime ser moderadamente optimista".

Na rolda de prensa celebrada esta tarde e baseándose na experiencia dos partidos disputados ata agora, o técnico enumera algunhas das claves para que o conxunto coruñés teña algunha opción de vitoria fronte a "un equipo moi duro e con moito oficio": non ter tantas perdas de balón, controlar os rebotes e poder facer o baloncesto coral e en toda a pista que caracteriza aos laranxas. Ademais, fará falta acerto dos tiradores. "Podemos facer un gran partido contra o Breogán e perder, pero se o facemos mal perdemos seguro".

Tito Díaz é consciente da mocidade dos seus xogadores e da falta do veterano Jesús Castro por lesión, sinalando que é importante negociar mellor os últimos minutos dos partidos, algo que contribuíu en boa medida á vitoria do adversario nos anteriores encontros. "Os nosos xogadores teñen que facerse veteranos en ausencia de Jesús", afirmou, á vez que desexou que o equipo sexa capaz de chegar a un final apertado, e, "co apoio da nosa xente", tentar a primeira vitoria da tempada.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro