Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Primer equipo | 11/02/2016 21:03

Tito Díaz: "estamos preparados para o último terzo da liga, onde se xoga todo"

Tito Díaz: “estamos preparados para el último tercio de la liga, donde se juega todo”

Non hai tregua. Cinco días despois de vencer en Riazor á Palma Air Europa o conxunto coruñés desprázase a terras castelán-leonesas para medirse contra outro dos fortes da competición, o San Pablo Inmobiliaria Burgos, en partido previsto para mañá venres ás 21:00 horas no Polideportivo Municipal O Plantío.

O Leyma Básquet Coruña leva nas súas maletas un balance de tempada de 10 vitorias e 10 derrotas, unha vez superada a mala serie de resultados cultivados no inicio da liga a base de insistir no seu xogo rápido e grupal e de ir puíndo arestas nos aspectos defensivos e de concentración.

Segundo o adestrador Tito Díaz, os seus chegan ben preparados para penetrarse no último terzo da liga, "onde se xoga todo", tanto os descensos como as posicións de play off. "Estamos ben a nivel grupal, con confianza, unidos e con bastante equilibrio", recalca o técnico, quen utiliza o símil do alpinismo para describir as grandes montañas ás que o seu equipo se está enfrontando nas últimas xornadas: "vimos de escalar dous ochomiles -en referencia ao Café Candelas Breogán e á Palma Air Europa- e tócanos o terceiro en cinco días", apunta, en referencia ao choque de mañá.

O técnico basea en tres puntos a complexidade do reto ante o San Pablo Inmobiliaria Burgos: un equipo cunha sólida e equilibrada plantilla, na que "hai dez xogadores aos que defender", en segundo lugar unha pista cunha afección que apoia e presiona moito desde as bancadas e, en terceiro lugar, a necesidade de cambiar o actual refacho de tres derrotas consecutivas.

A receita para que os laranxas teñan opcións de vitoria pasa por mellorar o nivel defensivo, especialmente en dous aspectos: controlar nas transicións os tiros liberados -algo que fallou no partido anterior- e estar moi atentos á variedade de tácticas que exercen os burgaleses no seu perigoso ataque estático. E sen baixar a garda no rebote.

En resumo, un punto máis arriba en defensa, fortaleza mental ante a presión das bancadas e capacidade de impor o ritmo rápido e alegre que caracteriza ao conxunto herculino. "Estamos entre os máximos anotadores da liga porque podemos sacar rápido o balón e xogar chegando en transición", subliña Tito Díaz, sabedor de que se o partido faise espeso e lento o rival terá maiores bazas.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-previa-j21.MP3










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro