Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 10/10/2015 12:47

Tito Díaz: "O Melilla só sentiuse seguro nos dous últimos minutos do partido"

Tito Díaz: “El Melilla solo se sintió seguro en los dos últimos minutos del partido

O Leyma Básquet Coruña caeu onte ante outro dos grandes, pero non llo puxo fácil ao Club Melilla Baloncesto que, en palabras do noso técnico Tito Díaz, "só sentiu seguro nos dous últimos minutos do partido" celebrado no pavillón Javier Imbroda.

A pesar da derrota, o adestrador laranxa felicitou aos seus xogadores polo seu "enorme esforzo nunha situación moi difícil", en referencia ás lesións e baixas das últimas semanas, destacando que o conxunto remontou dúas veces o partido a un gran equipo na súa pista e que lles prexudicou o parón do descanso, "cando mellor estabamos a xogar" e ao que se foron 4 puntos arriba a pesar do triplo do rival no último momento.

Na contenda de onte, só oito xogadores puideron defender a camiseta laranxa, debido á baixa de Jesús Castro e á recente lesión de Larry Abia que finalmente non saíu á pista. O cansazo dos últimos 5 minutos do partido e a necesidade de rotar xogadores debido ás faltas pasou factura ao equipo, que aínda así demostrou estar á altura e non renderse ante a adversidade. "Poder competir contra equipos como o Palencia ou o Melilla e estar preto, nas condicións nas que estamos ademais, para nós é moi importante", finalizou o técnico, que igualmente felicitou ao Club Melilla Baloncesto pola súa merecida vitoria.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro