Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 10/12/2015 14:26

Tito Díaz destaca o bo xogo e a unión do seu equipo por encima da clasificación

Tito Díaz destaca el buen juego y la unión de su equipo por encima de la clasificación

O Leyma Básquet Coruña buscará no partido de mañá a súa segunda vitoria consecutiva en casa. Na rolda de prensa celebrada esta mañá, o adestrador Tito Díaz recoñeceu que, unha vez máis, os seus afrontan un choque difícil, ante un equipo que vén de gañar ao Melilla e que por tanto desembarcará na Coruña coa moral alta.

Na súa valoración do rival, Tito Díaz subliñou a experiencia dun conxunto que na pasada tempada ascendeu de LEB Prata e que, ademais de conservar ao seu adestrador Antonio Bohigas, mantén pezas importantes como a base José Antonio Marco, os aleiros Añaterve Cruz -vello coñecido da afección laranxa- e Luís Parejo ou o recuperado Mockford, así mesmo xogador exterior. Xunto a eles, incorporacións importantes como a do aleiro Sergio Pérez, ex ACB, o pivote Víctor Serrano ou as dos lituanos Jakstas e Slezas , dous xogadores interiores moi duros no rebote e que en parte explican que o Cáceres sexa o equipo da liga que máis rebotea en ataque.

En resumo, para o técnico laranxa trátase de "un equipo moi perigoso, con bases capaces de xogar o 1x1, aleiros moi anotadores, e pivotes moi fortes en rebote e con capacidade de anotación". Fronte a eles, o conxunto coruñés deberá desenvolver unha vez máis o seu bo xogo, na mesma liña dos últimos partidos. Porque, a pesar do que diga a clasificación, Tito Díaz móstrase moi satisfeito dos seus, de quen valora especialmente a súa unidade e a súa estabilidade como conxunto. Iso si, recoñece que o de mañá é "un partido de responsabilidade", e por tanto "dos sinalados en vermello", porque xogamos contra un rival directo, do grupo de equipos que por poucos partidos a favor ou en contra xóganse nin máis nin menos que entrar en postos de play off ou de descenso.

Emoción asegurada en Riazor, esperemos que esta vez ao bo xogo dos laranxas únase a sorte e por tanto o marcador.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-j12.m4a











non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city