Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 19/10/2015 10:30

Tito Díaz defende ao seu equipo polas dificultades do calendario e as lesións

Tito Díaz defiende a su equipo por las dificultades del calendario y las lesiones

Toca sufrir, son gajes das lesións e do calendario. Así llo deu a entender Tito Diaz aos seus este fin de semana en Ourense, na rolda de prensa tras finalizar o encontro contra o COB cun resultado 68-62 en favor dos locais. Para o técnico laranxa, foi un partido igualado e de refachos, cunha primeira parte mellor para o Leyma Básquet Coruña -foise ao descanso seis puntos arriba- e unha segunda parte na que o COB dominou, con algún altibajo, e cometeu menos erros. A iso sumouse o cansazo do mermado persoal laranxa polas sucesivas lesións, o que para Tito Díaz explica en boa medida que o equipo baixase o seu nivel en ataque e buscase solucións individuais no canto de xogar en equipo, un reflexo do tres semanas que o Leyma Básquet Coruña leva adestrando con tan só oito xogadores seniors.

Aínda así, o conxunto volveu demostrar este fin de semana que sabe competir e que a palabra renderse non entra no seu dicionario. Por iso Tito Díaz non dubida en defender aos seus xogadores: "Temos que ser capaces de saber sufrir, estamos a ter un calendario tremendo e ademais estámolo afrontando con baixas", subliñou.

O técnico laranxa valorou este primeiro derbi de tempada: "foi bonito, se cadra non de moito acerto pero moi intenso", e quixo aproveitar para solidarizarse co COB pola inxustiza cometida con eles, en referencia ao posposto ascenso a ACB, á vez que eloxiou á afección ourensá polo seu apoio ao equipo, tal e como se puido ver nas bancadas.

Audio das declaracións a través desta ligazón.

 










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city