Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Primer equipo | 29/10/2015 14:03

Tito Díaz: "debemos estar moi serios en defensa desde o vestiario"

Rueda de prensa Previa Palma Air Europa

O Leyma Básquet Coruña viaxa este sábado a Palma de Mallorca consciente de que o calendario segue apertando: toca enfrontarse á Palma Air Europa, outro óso duro que estará ávido de dar aos seus unha vitoria en casa tras perder os dous últimos encontros contra o Palencia e o Melilla, conxuntos que tamén dobraron o pulso aos laranxas en xornadas anteriores.

O noso adestrador Tito Díaz sabe a dificultade do duelo ante un dos equipos da LEB Ouro que, na súa opinión, reforzouse mellor este verán, con fichaxes de xogadores estrela como o caso de Richi Guillén, "o mellor pivote ofensivo da liga", ou Mikel Uriz, "das bases máis importantes" da competición. Un conxunto do que o técnico galego destaca a súa alta capacidade de anotación e de triplos, o seu estilo de xogo en toda a pista, con bloqueos directos e continuacións abertas, e o seu alto perigo ofensivo especialmente grazas aos seus falsos cincos Richi Guillén e Javi Lucas, un ex do Leyma Básquet Coruña.

O único "pero" que Tito Díaz pon ao equipo insular e que tentará utilizar en favor dos nosos é a falta de axuste dos xogadores debido ao importante número de recentemente chegados. Aproveitando esas físgoas, o técnico pide aos laranxas aplicar unha férrea defensa que impida aos seus rivais desenvolver o seu xogo habitual, así como seguir controlando o rebote. A clave, insiste, radicará en "estar moi serios en defensa desde o vestiario", e recoñece que unha das bazas que xogará oriéntase a tentar reducir a eficacia de xogadores letais como Guillén e Uriz.

Documentos adjuntos

audio-previa-tito-diaz-j5-leyma-basquet-coruna.m4a










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro