Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña Senior - Xerion · 28/05/2017 19:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma - Peleteiro B · 28/05/2017 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña - Culleredo · 28/05/2017 17:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña 02 · 27/05/2017 20:00 Polideportivo Brens || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 02B - CD Los Rosales · 28/05/2017 12:00 Ventorrillo || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña 03B - Baloncesto Cambre 03 · 27/05/2017 12:30 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña 04B - Culleredo Almeiras · 27/05/2017 11:00 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña Monte das Moas - Obradoiro · 27/05/2017 19:00 Elviña II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Jesuitinas - Básquet Coruña Leyma 06 · 28/05/2017 12:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Latorre - Básquet Coruña 06 · 27/05/2017 09:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 05 - Calasanz · 25/05/2017 09:30 Agra II || Preminibasquet Fem.: Sigaltec - Básquet Coruña Leyma 07 · 27/05/2017 17:30 Estrada || Preminibasquet Masc.: CAB 2007 Mas - Básquet Coruña 07 · 27/05/2017 13:30 Estrada || Preminibasquet Masc.: CB Arteixo - Básquet Coruña 08 · 27/05/2017 11:00 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña Eusebio da Guarda 07 - Montrove · 27/05/2017 11:00 Agra II

Primer equipo | 02/03/2017 16:51

Tito Díaz: "Debémonos unha en casa"

Tito Díaz: “nos debemos una en casa”

Mañá venres ás 21:00 horas en Riazor, o Leyma Coruña mídese a un enrachado Cáceres Patrimonio da Humanidade, que chega á nosa cidade cun balance de catro vitorias no últimos cinco encontros disputados, e que venceu aos laranxas na primeira volta da competición.

Para ter opcións de gañar esta vez, o adestrador laranxa explicou na análise previa do choque que será necesario facer "un partido moi serio contra un gran rival, nun gran momento de forma e resultados". Destacou o perigo do seu xogo rápido chegando en transición, abrindo moito o campo, facilitando tanto as penetracións a canastra como os tiros liberados, e xogando con catro exteriores porque a súa á pivote Sergio Pérez actúa como beirado e sumar ao caudal anotador de Nikola Rakocevic e Luís Parejo, especialmente.

Por se fose pouca a ameaza exterior, o xogo aberto que xera o Cáceres Patrimonio da Humanidade fai posible a súa segunda baza ofensiva: a letalidade no poste baixo da man de Sandi Marcius, que está promediando 14 puntos, 8 rebotes e foi o MVP da LEB Ouro en febreiro. E a todo iso hai que engadir a agresividade dos de Ñete Bohigas no un contra un, provocando faltas e buscando o tiro libre.

En consecuencia, pediu máxima concentración defensiva para os laranxas, seguir gañando a batalla do rebote como na recente vitoria en Burgos, e evitar a precipitación que xogou malas pasadas nalgúns dos últimos encontros. Sen perder a alegría nin deixar de ser valentes, Tito Díaz pediu boa colocación e paciencia para buscar as mellores opcións cando non sexa posible correr. Tampouco esqueceu manifestar a súa satisfacción pola progresiva adaptación dos recentemente incorporados ao equipo, Justin Johnson e Kyle Rowley, que axudarán ao Leyma Coruña a seguir crecendo e competindo.

"Debémonos unha a nós mesmos", reflexionou, en relación á última derrota en casa contra o rioxano Calzados Robusta, e pediu o apoio da afección coruñesa para seguir na ilusionante loita por entrar nos playoff de ascenso á ACB.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz--previa-j26.m4a










federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankcoca colaaltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial