Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Club Balonceto Cambre - Básquet Coruña S · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Sofía Toro || Senior Masc. 3ªDiv: BV Asesores Los Rosales - Idefic Imatia Básquet Coruña · 22/02/2020 18:00 Los Rosales || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 22/02/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Liceo La Paz - Básquet Coruña U17 · 22/02/2020 10:00 Colegio Liceo La Paz || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - KFC Costa Artabra · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Sat On Service Montrove · 21/02/2020 17:45 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Vistaoptica Basket Ferrol · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - KFC Culleredo Azul · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña U16 · 23/02/2020 17:00 Polideportivo Sofía Toro || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Dominicos Cadete Masculino · 23/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma U13 · 25/02/2020 12:00 Pazo Anexo 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Santa Maria del Mar Benjamín Fem Azul - Básquet Coruña Leyma U10 · 22/02/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Santo Domingo Betanzos 11 - Básquet Coruña U10 · 23/02/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Basquet Coruña U9 - CD Rosalse EPB 10 · 21/02/2020 18:00 Polideportivo Agra II || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U10/9 - Culleredo · Aprazado

Primer equipo | 28/10/2016 16:21

Tito Díaz asegura "xogo xeneroso e a lume de biqueira" no derbi de mañá en Riazor

Tito Díaz asegura “juego generoso y a tope” en el derbi de mañana en Riazor

O Palacio dos Deportes de Riazor acolle mañá sábado o segundo partido de derbi que os laranxas xogarán este ano en casa. Esta vez, na sexta xornada da LEB Ouro, o rival a bater é un Ourense Provincia Termal que este verán mudou o seu persoal case ao completo, resultando "un equipo mellor que a anterior tempada", sinala o técnico laranxa Tito Díaz.

Ademais da continuidade do adestrador Gonzalo García de Vitoria, Tito Díaz destacou a importancia de poder manter nas súas filas ao que seguramente foi o seu mellor xogador na pasada edición da liga, o escolta Diego Kapelan, "un xogador polivalente, que xoga de 2 ou de 1, anotador e que axuda a subir o balón".

Xunto a el, o club ourensán ha posto máis intensidade e mocidade no posto de base, cun experimentado Christian Díaz e o mozo Martín Rodríguez, que están a achegar boa dirección, defensa e anotación, ademais de dinamismo.

Ademais de Kapelan, outras pezas no xogo exterior non menos importantes son Nemanja Mitrovic, alero duro e curtido en ligas europeas, Kyle Hittle, bo tirador exterior, e Zarko Jukic. Pero na pintura o Ourense Provincia Termal tampouco escatimou artillaría e Tito Díaz destaca "a mellora espectacular" do equipo coa chegada de Dmitry Flis, "dos mellores catros da liga" e xunto a el Tomás Fernández, Devin Wright e Fran Guerra, que achegan "unha fortaleza preto do aro superior á da anterior tempada". E, por se todo isto fose pouco, veñen en refacho, con tres vitorias consecutivas no tres últimas disputas.

Pero ao Leyma Coruña tamén lle acompañan os resultados e, sobre todo, o bo traballo que está a realizar nos adestramentos. "Nós tamén estamos ben, superamos partidos duros como o de Barcelona, temos ganas de gañar partidos e estamos a traballar a lume de biqueira". Por iso, o derbi de mañá garante bo espectáculo e Tito Díaz anima á marea laranxa a arroupar desde a bancada. "Necesitamos á nosa xente, son parte importante do equipo cando xogamos en casa", subliñou. A eles ofreceulles o mesmo ao que aspiran xogadores e corpo técnico: ser felices gozando de "xogo a lume de biqueira, dando o mellor de nós, con xenerosidade no esforzo".

ADACECO, causa social do partido de mañá

No descanso do encontro de mañá, o Leyma Coruña renderá tributo ao traballo que realiza a Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña, ADACECO, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Ictus nesta mesma data.

Baixo o programa "17 Partidos, 17 Causas" que patrocina a Obra Social "a Caixa", o equipo LEB Ouro e o club baloncestístico darán visibilidade ao traballo que a entidade sen ánimo de lucro realiza na nosa cidade desde o ano 2000, cando comezou a súa andaina baixo o impulso de persoas afectadas de dano cerebral e as súas familias.

ADACECO e o Club Básquet Coruña unen a súa voz para facerse eco do recente manifesto da Federación Española de Dano Cerebral, no que se reivindica a normalización social das persoas que viven con dano cerebral adquirido e as súas familias, lembrando que cada ano máis de 180.000 persoas reciben o alta en hospitais españois tras sufrir un ictus, un traumatismo cranioencefálico, un tumor cerebral, unha anoxia ou calquera enfermidade infecciosa no cerebro. Máis da metade destas persoas veranse obrigados a empezar novos proxectos de vida como consecuencia das secuelas resultantes da lesión.

Por iso, é necesario non só seguir avanzando na investigación e o tratamento médico para salvar a vida de persoas afectadas por unha lesión cerebral, senón que tamén é preciso garantir o seu dereito a vivir con dignidade, nunhas condicións que non menoscaben a súa saúde nin a das súas familias.

Desde aquí o noso chamamento ás administracións públicas e a todos os axentes implicados para mellorar esas condicións a nivel asistencial e de integración social, incluída a complicidade cidadá nunha realidade na que todos podemos vernos implicados directamente.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-previa-j-6.m4a










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city