Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - CB Dorna · 18/05/2019 18:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Carballo a un paso Artai - Básquet Coruña U17 · 18/05/2019 18:00 Vila de Noia, Carballo || Senior Masc. 3ªDiv: Lignia Irmandiños 72-45 Básquet Coruña U22 · 19/05/2019 19:00 Esteiro, Ferrol || Cadete Fem. 2ªDiv: Montrove 56-81 Básquet Coruña Leyma U16 · 18/05/2019 10:00 Canide, Mera || Cadete Masc. 2ªDiv: Sum. San Ciprian Burela 47-34 Básquet Coruña U15 · 18/05/2019 12:00 Pol. Mun.San Cirprian Burela || Cadete Masc. 2ªDiv: Restaurante Casa Sabin Costa da Morte 55-73 Basquet Coruña U16/15 · 19/05/2019 12:00 Cee mun. || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I 91-49 Sigaltec · 18/05/2019 12:00 Ventorrillo || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: C.B. Redondela 73-77 Básquet Coruña U13 · 18/05/2019 17:00 A Marisma Redondela || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: C.B. Arxil C - Básquet Coruña Leyma U13 · 19/05/2019 17:00 Universitario Pontevedra || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Cluny 007 - Básquet Coruña Leyma U12 · 19/05/2019 12:00 Colegio Cluny Santiago || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Aringal Ingenieros Basket Ferrol 72-47 Básquet Coruña U12 · 19/05/2019 17:00 Santa Marina, Ferrol || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Franciscanos Coruña - Básquet Coruña U12/11 · 19/05/2019 16:15 Sagrada Familia P2 || Minibasquet Mixto 2ºDiv: Santa Maria del Mar Blanco - Básquet Coruña Cristo Rey Mini · 18/05/2019 11:00 Arteixo P3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Montespiño B - C.B. Arteixo Duacode · 18/05/2019 12:30 Arteixo P1 || Premini Fem. 2ºDiv: KFC Culle - Básquet Coruña Leyma U10 · 18/05/2019 10:00 Culleredo || Premini Masc. 2ºDiv: C.B. Laracha - Básquet Coruña U10 · 18/05/2019 12:30 Restollal 1 || Premini Masc. 2ºDiv: Montrove - Basquet Coruña U9 · 18/05/2019 11:00 Arteixo P1 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U11 - Sta Maria del Mar azul · 18/05/2019 19:15 Agra II P1

Primer equipo | 31/03/2017 16:43

Tito Díaz á afección:

Tito Díaz a la afición: “juntos seremos más fuertes”

Intensa semana de adestramento do Leyma Coruña para volver ser o que son. Isto é o que o equipo quere demostrar no choque ante a Unión Financeira Oviedo o domingo ás 12:30 en Riazor. Que o de Lugo foi unha rara excepción á esencia dun conxunto "traballador, competitivo, humilde e valente, sen precipitación", como o definiu o adestrador Tito Díaz na súa análise previa do encontro.

O técnico laranxa asegurou que os seus merecen un voto de confianza tras a desconexión do último partido a domicilio e pediu á afección que acuda ao Palacio, porque precisamente en circunstancias así é cando máis se necesita a unión do equipo e a bancada: "xuntos seremos máis fortes", subliñou.

Na mesma liña van os prezos populares lanzados polo club baloncestístico, de modo que os socios e abonados poden comprar 2 entradas de adulto por 10 euros e 2 de menores de 18 anos por 5 euros.

E é que o sexto xogador será importante ante un equipo dos grandes, que "está a facer a mellor tempada da súa historia", lembrou o técnico do Leyma Coruña, como o mostra o finalizar no máis alto na primeira volta da liga e gañar Copa Princesa na súa cancha.

Aínda que os ovetenses chegan á Coruña tras dúas derrotas, Tito Díaz lembrou que en ambos os casos os rivais foran nin máis nin menos que o Retabet.es GBC na súa pista e o conxunto melillense no Pumarín, e que no cómputo global os de Carles Marco adiantan aos laranxas por unha vitoria.

Na súa opinión, o baloncesto que exhibe o rival do domingo é tal vez o mellor que se está facendo nesta liga, cun xogo agresivo "baseado en catros abertos, un interior, moito ritmo, cortes, xogo sen balón e moitas saídas dos seus tiradores". Posúe todos as pezas necesarias para iso, empezando polas súas bases Dani Pérez, Fabio Santana e Agustí Sans e os seus beirados Manu Rodríguez e Víctor Pérez, xunto con Johan Löfberg e o mozo coruñés Carlos Martínez, "dos mellores de Europa da súa idade". Na posición de 4, Paul Jesperson -fichado a finais de novembro en substitución de Drew Windler- e Miquel Salvou, cedido por Manresa e MVP de Copa Princesa, que alterna a posición de 3 coa de falso 4. No xogo interior, ademais de Mouhamed Barro que alterna como 4 e 5, dous pivotes de primerísimo nivel como o exlaranxa Edu Hernández-Sonseca e o brasileiro Felipe dous Anjos.

Tito Díaz destaca o letal contraataque da escuadra asturiana, como se demostrou no partido da primeira volta, polo que será necesario reducir as perdas de balón -21 en Pumarín-, ademais de manter a concentración defensiva, o ritmo, a solidez na transición defensiva e o rebote. "O obxectivo é ser nós mesmos neste partido e nos que quedan", asegurou. "Poderemos gañar ou perder", continuou, pero "mostrando que somos altamente competitivos".

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-previa-j30.m4a








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro