Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 05/12/2019 13:57

Sergio García: ?Vexo ao equipo con ilusión e motivación de poder competir?

Sergio García: “Veo al equipo con ilusión y motivación de poder competir”

Esta mañá tivo lugar a comparecencia de prensa previa á xornada 12 da liga Leb Ouro, que enfronta a Leyma Coruña co B the travel brand Mallorca Palma, este domingo ás 18 horas en Son Moix.

Antes de viaxar a terras baleares, Sergio García quixo destacar que ?foi unha semana moi positiva. Está a axudarnos a dinámica do equipo, a predisposición dos xogadores ao traballo? e eu creo que estamos a preparar ben o partido. Os xogadores están enfocados, sabendo a dificultade do partido que temos por diante, pero vexo ao equipo con ilusión e motivación de poder competir contra, probablemente, o favorito ao ascenso este ano nesta competición?.

En relación á preparación do encontro, o técnico do conxunto coruñés, comenta que ?esperamos un equipo co máximo nivel de intensidade e tensión, porque, para eles as dúas derrotas que cultivaron nas dúas últimas xornadas, é un toque para reaccionar. Entón creo que eles van dar un nivel moi alto e temos que estar preparados para iso. Eles son xogadores de moitísimo talento que van estar preparados, moi enfocados no partido, e vannos a esixir facer un dos nosos mellores partidos no que vai de liga, se queremos sacar o partido alí?.

Para terminar, incide en que ?teñen un persoal moi longo e os xogadores que vaian ter dispoñibles tamén van ser de moito nivel. Eu creo que é un equipo que ofensivamente ten moitos recursos, ten moitos xogadores con puntos nas súas mans, e logo teñen xogadores que poden achegarlles un nivel defensivo moi alto. Eu destacaría, sobre todo, a repercusión que teñen as súas dúas bases no xogo. Son dous xogadores moi sólidos, que lles fan xogar, intervir a todos os seus xogadores, e como dicía, un equipo completísimo?.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city