Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 29/11/2019 13:57

Sergio García: ?Temos un partido importante para seguir crecendo?

Sergio García: “Tenemos un partido importante para seguir creciendo”

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa previa á xornada 11, que enfronta a Básquet Coruña e HLA Alacante. O encontro terá lugar este domingo día 1, ás 18:00 horas en #OFornodeRiazor.

Nela, Sergio García comenta que a semana de adestramentos do equipo ?foi boa. O equipo está en boa dinámica, nótase nos adestramentos do día a día. Estamos ilusionados, temos un partido importante para seguir crecendo. Un partido en casa, onde queremos dar un bo espectáculo para os nosos afeccionados. Seguir na liña de traballo e esforzo que estamos a ofrecer. Eu creo que nese sentido os xogadores están mentalizados e concentrados?.

En canto a que espera do encontro e como ve a HLA Alacante, o técnico da entidade coruñesa indica que ?é un equipo que está a ofrecer un nivel de xogo moi bo. Ofensivamente, son o segundo equipo máis anotador da competición. Estamos a falar dun señor equipo. Están a anotar con facilidade, senten cómodos co seu ataque? Nós sabemos e temos claro que temos que facer unha defensa de primeiro nivel para poder levarnos o partido. Eu creo que Alacante ten xogadores de moito nivel. Teñen ao máximo anotador da competición, con Pitts; por dentro, un xogador diferencial, Fall, xogador dunha envergadura moi importante e que está nun moi bo nivel no poste baixo, continuacións, rebote? Un equipo que ofensivamente está a un moi bo nivel. Eu creo que o mérito que ten Alacante é que conseguiu que o resto do persoal colabore nese estilo, ofrecendo tamén esforzo defensivo, traballando ben o rebote? Eu creo que é un equipo completo, ben traballado e que nos porá as cousas moi difíciles?.

En canto ao estado do persoal, o adestrador vasco asegura que ?os xogadores están ben. Quédanos algún adestramento por diante, pero confiamos en que estean todos dispoñibles para o partido?.


Lembramos que, neste encontro, recolleremos alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas (que será homenaxeado en noso ?17 partidos, 17 causas? da obra social A Caixa?). Ademais, teremos huchas solidarias para axudar a Txetxu, xogador do UB Villalba, que sofre dano cerebral e está ingresado no hospital A Paz, en estado de mínima consciencia.











non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city