Sergio García: ?Seguro que van ser moi agresivos e porano difícil?

No día de onte tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, técnico de Leyma Coruña, previa á visita a terras catalás do conxunto coruñés, para enfrontarse ao Força Lleida mañá venres 17 ás 21:00 horas.

Sergio comezou as súas declaracións indicando que ?será un partido complicado. Na Leb, cada partido fóra de casa ten unha dificultade engadida?. En referencia ao Lleida, quixo destacar que ?é un equipo que cambiou de adestrador, eu creo que tiveron unha reacción. É un equipo que foi capaz de gañar en Palma, de estar a piques de gañar a Breogán? É un equipo con potencial que empezou a liga moi ben, e que, por un tema, probablemente de dinámicas, atopouse unha dinámica negativa. Creo que agora están a lle dar a volta coa chegada de Gustavo, e bo é un equipo que nos gañou comodamente, imos ver se somos capaces de xogar unha liña parecida á que xogamos o últimos tres partidos, porque eu creo que desa forma, achegaranos a ter opcións de levarnos un partido que sería moi importante para nós?.

Ao ser preguntado sobre o tres derrotas seguidas do conxunto ilerdense, o técnico vasco non considera que iso vaia a influír no desenvolvemento do encontro, ?eu creo que eles están enfocados en darlle a volta. Cambiaron o sistema de rotacións, Gustavo vai metendo detalles cada día desde a súa chegada e creo que o equipo está en disposición de gañar partidos. Agora xogan na súa casa, seguro que van ser moi agresivos e porano difícil?.

Por último, Sergio comentou que, a ausencia de Perris no último partido, debeuse a un permiso concedido polo club, polo falecemento da súa avoa, e actualmente xa está na dinámica do equipo. ?Ashley vai un pouquiño mellor cada día. E temos algún problemilla con Jeff e con Augustas, como resultado do último partido en Granada. Foi un partido de moita intensidade e, agora mesmo, non están nas mellores condicións, e imos ver se están ben para axudarnos no partido?.