Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Club Balonceto Cambre - Básquet Coruña S · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Sofía Toro || Senior Masc. 3ªDiv: BV Asesores Los Rosales - Idefic Imatia Básquet Coruña · 22/02/2020 18:00 Los Rosales || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 22/02/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Liceo La Paz - Básquet Coruña U17 · 22/02/2020 10:00 Colegio Liceo La Paz || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - KFC Costa Artabra · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Sat On Service Montrove · 21/02/2020 17:45 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Vistaoptica Basket Ferrol · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - KFC Culleredo Azul · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña U16 · 23/02/2020 17:00 Polideportivo Sofía Toro || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Dominicos Cadete Masculino · 23/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma U13 · 25/02/2020 12:00 Pazo Anexo 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Santa Maria del Mar Benjamín Fem Azul - Básquet Coruña Leyma U10 · 22/02/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Santo Domingo Betanzos 11 - Básquet Coruña U10 · 23/02/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Basquet Coruña U9 - CD Rosalse EPB 10 · 21/02/2020 18:00 Polideportivo Agra II || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U10/9 - Culleredo · Aprazado

Primer equipo | 13/02/2020 11:49

Sergio García: ?Sabemos o que temos que facer para poder gañar calquera partido desta liga?

Sergio García: “Sabemos lo que tenemos que hacer para poder ganar cualquier partido de esta liga”

Na mañá de onte, Sergio García, adestrador de Leyma Coruña, deu a habitual rolda de prensa previa á xornada 22 que enfronta ao conxunto coruñés co TAU Castelló.

Sergio comezou indicando que ?foi unha semana curta de adestramentos, entre o descanso dos xogadores e que temos unha viaxe longa, eu creo que se aproveitou ben o tempo dos adestramentos, os xogadores están todos en disposición para o partido? entón, nese sentido, foron uns días de adestramentos positivos?.

En referencia á última vitoria do TAU Castelló, que venceu a Afanion Almansa tras 55 puntos antes do descanso, o técnico comenta que ?Castelló forma parte dun grupo de equipos que nos tocan seguidos, xunto con Huesca ou Marín, que teñen unhas características que nos pon en dificultades. Son equipos de moita ida e volta, que teñen un ritmo moi alto, moi valente, que xogan a anotar en poucos segundos? e nós temos que facer un esforzo extra para minimizar todo o que podamos esas situacións. Eles teñen un potencial ofensivo moi grande e sabemos que no seu campo van xogar moi verticais, moi agresivos, reforzados coa gran vitoria do último partido ante Almansa? entón, temos un partido complicado porque teñen un tipo de xogo que nos pon en dificultades, e a nós vainos a esixir estar especialmente concentrados nas transicións defensivas, sobre todo, para poder competir realmente ben con eles?.

Por outra banda, o adestrador do Leyma Coruña fixo referencia, ante a posible resposta da afección á chamada do técnico do conxunto castellonenco, a que ?se o conseguen, igualmente que nós o último día en casa, vailles a axudar. Ao final, ter moito público e a favor, axuda sen ningunha dúbida ao equipo, aos xogadores? pero nós, sexa como for, temos que estar concentrados alí e facer o mellor baloncesto que podamos facer, e seguro que desa forma teremos opcións de competir o partido. Para nós non hai outra forma. Sabemos o que temos que facer para poder gañar calquera partido desta liga. Non é fácil, pero sabemos que, se estamos sólido e duros en defensa, controlamos o rebote e en ataque somos capaces de seguir sendo solidarios, teremos opcións de levarnos o partido?.

Para finalizar, e falando de que é o último encontro previo ao parón, Sergio non dá demasiada importancia ao descanso que virá nestes días ?iso dependerá un pouco do resultado. Se conseguimos gañar, loxicamente direi que pena que paramos, e se non o conseguimos, pois nos pode vir ben a nivel mental tamén un descanso. Eu creo que o meu equipo está ben fisicamente, mentalmente? O parón vai ser o mesmo para todos. Tampouco teño moito nin a favor nin en contra diso?.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city