Saída do bus da afección a Ourense

Grazas ao noso patrocinador Leyma, a Autocares J. Pombo, e a Jamonería Cervecería Sieiro, un bo nunero de afeccionados viaxarán de forma gratuíta a Ourense, a seguir o partido que nos enfrontará ao Río Ourense Termal, correspondente á cuarta xornada da Leb Ouro.

A saída será ás 18:00 horas desde o parking do Palacio dos Deportes de Riazor, e o regreso ao finalizar o encontro.

O #sentimentolaranxa vaise de ruta!