Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 28/12/2015 13:32

Quenda dos torneos de Nadal! O Club Maristas Coruña exerce de anfitrión

¡Turno de los torneos de Navidad! El Club Maristas Coruña ejerce de anfitrión

O noso equipo infantil feminino de primeira división comezou o torneo xogando contra Culleredo, facendo un partido moi serio en defensa, que lle permitiu xogar máis cómodo en ataque, podendo xogar ao contraataque e aproveitando a súa superioridade física para atacar con 1 contra 1 duros cara a canastra.

O segundo partido enfrontounos a Maristas, os descoidos defensivos e non ser duras na presión, o balance e nas axudas daban canastras fáciles ás locais; facendo que o partido fose moi igualado ata o descanso. Na segunda parte as de Básquet Coruña melloraron o seu defensa, o que lles permitiu coller unha lixeira vantaxe no marcador. Neste partido nosas mozas atacaron con orde e con moito movemento das xogadoras sen balón, que deron lugar a penetracións de todas as xogadoras para finalizar preto de canastra ou dar un pase para un tiro dunha compañeira soa. A loita polo rebote de ataque deu moitas segundas opcións de xogo, sobre todo na primeira parte. Cometéronse erros nunha serie de ataques en que a xogadora que subía o balón, cansada tras superar a presión das de Maristas, trataba de finalizar en 1 contra 1 sen dar ningún pase e sen que as súas compañeiras estivesen preparadas para ir ao rebote. Estes fallos repetíronse nos últimos minutos do partido e permitíronlles ás locais roubar balóns e conseguir canastras de contraataque para achegarse no marcador. Pero nosas mozas, dando un paso adiante como xogadoras e demostrando maior seguridade e confianza en si mesmas, souberon xogar con calma nestes momentos e levar a vitoria no partido.

Ademais do primeiro posto no torneo, onde Laura foi designada MVP, estando no quinteto ideal da súa categoría xunto a Lucía; as mozas do Básquet Coruña participaron nos concursos que se organizaron, realizando un moi bo papel no concurso de tiro por equipos Sara, Ana, Lucía, Laura, Daniela e Andrea; no de triplas Marta, Daniela e Laura, que quedou campioa; e Inés, Mariña e Marta que a pesar de non conseguir anotar desde medio campo fixérono moi ben no concurso da canastra imposible.

Seguro que os resultados deste torneo dan confianza a este equipo, que empezou a liga xogando moi ben e que só un baixón de ánimos e concentración provocou que non conseguisen os resultados que lles gustarían. O seu xogo neste torneo demostra que xa están totalmente recuperadas e traballando duro poderán empezar a competición a lume de biqueira á volta das vacacións do Nadal.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city